Accesibilidade
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto deseñou a presente web co obxectivo de que todos os contidos e funcionalidades esenciais desta web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
Seguindo o proposto nas disposicións da Unión Europea, na resolución do Consello do 25 de marzo de 2002, e da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, a presente web realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C, propio dos controis máis rigurosos.
Teclas de acceso rápido
Tecla 0: Ir á páxina de accesibilidade (esta páxina)
Tecla 1: Ir á páxina de inicio
Tecla 2: Saltar a navegación e ir ao contido
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápida definida realízase premendo distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
- Microsoft Internet Explorer: Prema a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido, e a continuación Retorno (Enter).
- Netscape e Firefox: Prema só a combinación de teclas ALT + tecla de acceso rápido.
- Opera 7 e superior: Prema a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación prema só a tecla de acceso rápido.