Como asociarse

Todos aqueles comerciantes e empresarios de Betanzos que desexen asociarse a ACEBE CCA poden facelo a través de teléfono, solicitándoo no número 981 774 574.

A cota de inscrición na Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto é de 90 euros por semestre, pasándose ao cobro a principios do mesmo.

Vantaxes de asociarse

Ademais do feito de integrarse nunha organización sectorial e de defensa do comercio e das empresas de Betanzos, ACEBE CCA ofrece aos seus socios diversos servizos e vantaxes. Entre todos eles, cómpre salientar:

  • Información puntual de convenios, axudas e cursos (presenciais e en liña), relacionados cos diferentes gremios.
  • Participación activa na promoción directa da actividade e das empresas locais.
  • Unha voz colectiva na relación coas institucións locais, provinciais e autonómicas, favorecendo o desenvolvemento integral da cidade e da comarca.
  • Un medio de comunicación propio para promoción e información sobre os negocios asociados. Os socios de ACEBE CCA reciben ademais descontos especiais na publicidade.
  • Actividades conxuntas e campañas de comunicación, publicidade, promoción e información en medios (prensa escrita, radio, tv, soportes).
  • Tarxetas de aparcadoiro válidas por unha hora de estacionamento no aparcadoiro subterráneo da Praza Irmáns García Naveira, a un prezo de 0,70 euros (máis IVE). Para obter estas tarxetas pódense poñer en contacto coas oficinas de ACEBE CCA.
  • Páxina web e xornal dixital.

Ademais, os socios de ACEBE CCA forman parte da Federación Galega de Comercio e da Confederación de Empresarios da Coruña, entidades que ofrecen, á súa vez, outra serie de servizos e coberturas.

Asociándose a través do teléfono 981 774 574 ou do correo electrónico, os membros de ACEBE CCA gozarán de numerosas vantaxes e servizos.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA