Historia

A principios dos anos oitenta do pasado século créase a Asociación de Comerciantes de Betanzos, xérmolo da actual asociación. A este colectivo únese posteriormente o de empresarios, dando lugar á Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos -ACEBE-.

En 2005, a organización incorpórase á rede de Centros Comerciais Abertos, logo da aprobación do seu Estudo de Viabilidade por parte da Xunta de Galicia, xerando un cambio significativo na súa actuación e polo tanto no nome, dando como resultado o actual e definitivo: Acebe CCA, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto.

Dende 2001, a Asociación comeza a realizar diferentes accións comunicacionais de xeito permanente, traducidas en dúas campañas estacionais: nadal e verán.

No ano 2008 celébrase a primeira edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do Comercio de Betanzos que ano tras ano se consolida como un dos referentes de promoción e venda do noso concello.

O ano 2010 foi o ano no que se celebrou a I FEIRA EMPRESARIAL E COMERCIAL DE BETANZOS un evento que ACEBE.CCA proxecta como unha dos eventos multisectoriais de referencia no sector e que á vez sirva como o perfecto escaparate de todas as empresas e comercios brigantinos.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA