Obxectivos

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto defínese como unha entidade apolítica e aconfesional, mantendo os principios básicos de unión, dinamismo, promoción e concienciación.

Os obxectivos xerais que se marcan como prioritarios son:

  • Promocionar externa e internamente a actividade comercial e empresarial de Betanzos.
  • Manter e potenciar a motivación de compra na área de influencia da asociación.
  • Incrementar as vendas, mediante a sedución do comprador de grandes almacéns residente en Betanzos, concellos e comarcas limítrofes.
  • Establecer un hábito de compra permanente entre os públicos para acadar un fortalecemento do propio comercio.
  • Mellorar substancialmente a imaxe actual do comercio local, destacando o seu valor engadido.
  • Proxectar un espírito de participación activa dos diferentes públicos en todas as accións que se desenvolvan.
  • Acadar unha ampla cobertura informativa das diferentes campañas por parte dos medios de comunicación e facer de Betanzos un centro de atención comercial.
  • Consolidar a traxectoria da nova directiva de ACEBE CCA como motor do comercio local e transmitir unha imaxe identificadora e representativa da Asociación.
  • Trasladar o esforzo realizado con todas estas iniciativas por parte do comercio de Betanzos na procura dunha mellora na atención e satisfacción do cliente.

Creouse coa finalidade de promocionar a actividade comercial e empresarial de Betanzos.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA