Que é a ACEBE CCA?
ACEBE CCA é a
asociación dos comerciantes e empresarios de Betanzos, unha organización sectorial con máis de vintecinco anos de historia e integrada na rede de Centros Comerciais Abertos de Galicia.
O concello de Betanzos é a base de actuación de ACEBE CCA, aínda que o seu mercado de influencia se estende por toda a comarca das Mariñas, abranguendo ata 10 concellos, nunha área xeográfica determinada pola proximidade das localidades limítrofes, a oferta de comercio, a difusión do xornal
Betanzos e a súa comarca e, en xeral, polas accións comunicacionais efectuadas dende a asociación.
A Asociación ofrece aos seus membros diversos servizos e vantaxes cara á súa promoción, formación e mellor comunicación. Ademais, esta unión comercial e empresarial permite ofrecerlle aos usuarios diversas promocións nos produtos e servizos que atoparán nos establecementos asociados.