Betanzos e a súa comarca

Betanzos e a súa comarca é un xornal de periodicidade mensual que a asociación de comerciantes e empresarios publica dende hai máis de 15 anos. Na actualidade conta cunha tirada de 15.000 exemplares, distribuídos gratuitamente por toda a comarca das Mariñas.

O xornal naceu co obxectivo de ser un soporte para as inquedanzas dos comerciantes e pequenos empresarios locais. Pero o proxecto xornalístico foi máis alá, profesionalizouse a redacción e hoxe en día informa tanto dos logros de ACEBE CCA como dos propios asociados e das novas que acontecen en toda a comarca, sendo o principal medio de comunicación da cidade.

Ademais, esta publicación ten como finalidade servir como soporte publicitario para as empresas e o comercio, contribuír á dinamización da vida económica e cultural de Betanzos e da súa comarca, e apoiar a innovación comercial e as propostas de novos empresarios.

Ao longo da súa historia, o periódico caracterízouse pola súa independencia do poder político e pola apertura a todas as olladas involucradas na loita polo desenvolvemento de Betanzos e a súa comarca.

Números publicados

O xornal conta cunha tirada de 15.000 exemplares, distribuídos gratuitamente.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA