Bolsa de emprego

ACEBE CCA conta cunha bolsa de emprego co obxectivo de ter unha base de datos que beneficie aos socios, aos demandantes de emprego da cidade e ao resto de comerciantes e empresarios.

ACEBE CCA creou esta bolsa de emprego atendendo a súa responsabilidade como promotora da mellora económica da zona e a recuperación laboral de Betanzos e a comarca das Mariñas. Os seus socios de ACEBE CCA son os principais beneficiados da bolsa de emprego, xa que no caso de necesitar unha persoa cun perfil determinado, teñen a posibilidade de contar con varios candidatos.

Se estás interesado en formar parte desta bolsa de emprego cubre este formulario e envíanos o teu currículo.

Lembre que todos os campos do formulario son obrigatorios.



Informámoslle que os datos persoais obtidos mediante este formulario, así como o seu enderezo de correo electrónico, foron incorporados nun ficheiro do cal é responsable ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS CCA (A.C.E.BE.C.C.A.), coa finalidade de atender as súas consultas e enviarlle información relacionada coa entidade que puidese ser do seu interese.
ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS CCA (A.C.E.BE.C.C.A.) comprométese a usar os datos recollidos mediante este formulario, unicamente para a finalidade anteriormente mencionada.
O interesado declara ter coñecemento do destino e uso dos datos persoais recollidos mediante a lectura da presente cláusula.
O envío deste e-mail implica a aceptación das cláusulas expostas.
Se desexa exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición nos termos establecidos na Lei Orgánica 15/1999, pode facelo ao seguinte enderezo ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS CCA (A.C.E.BE.C.C.A.); RÚA ARXENTINA Nº 1 1º, 15300 BETANZOS.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA