Estatutos

CAPITULO I. DA DENOMINACIÓN, DO ÁMBITO E DOS FINS DA ASOCIACIÓN

Art. 1.- En conformidade a ao amparo do establecido na Constitución, a lei19/77 de 1 de abril e demais normativas recoñecedoras do dereito de liberdade de Asociación, constitúese a ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS/AS DE BETANZOS CENTRO COMERCIAL ABERTO (A.CE.B.E. C.C.A.).

Esta asociación carece de ánimo de lucro a todos os efectos.

Art. 2.- O ámbito desta Asociación profesional será o do concello de Betanzos, e nela poderán integrarse as empresas adicadas ao Comercio, nas súas distintas modalidades, sempre e cando así o soliciten, en conformidade co disposto nos presentes Estatutos, e obteñan o voto favorable da Asemblea Xeral, previo informe da Xunta Directiva.

Art. 3.- Esta Asociación constitúese por tempo indefinido, podendo tan só suspenderse ou disolverse polas causas e coas formalidades sinaladas nestes Estatutos ou polo Ordenamento Xurídico Xeral.

Art. 4.- A Asociación terá personalidade xurídica propia e total autonomía, con plena capacidade de obrar para o cumplimento dos seus fins, podendo poseer, adquirir, arrendar, gravar e enaxenar por sí, e no seu nome polos seus lexítimos representantes, toda clase de bens, realizar actos de disposición e dominio sobre os mesmos, comparecer ante calquera Entidade, Organismo ou Xurisdicción e exercitar as correspondentes accións ou dereitos en toda clase de procedementos dende o momento da súa validez e posta en marcha, conforme á legalidade vixente.

Art. 5.- A.CE.B.E. C.C.A., fixa o seu enderezo en Betanzos, Praza Mestre Xosé Dapena nº1, sen perxuizo de que a Xunta Directiva, previo consentimento da Asemblea Xeral, poda acordar en calquera momento o cambio a outro lugar, así como establecer as delegacións e representacións que considere máis convintes para o cumplimento dos seus fins. Os cambios de enderezo notificaranse ao SMAC..

Art. 6.- Son fins desta Asociación:

A defensa dos intereses comúns dos comerciantes e empresarios e todo o relacionado con eles e, en especial, os seguintes:
  1. O fomento da colaboración dos distintos empresarios e comerciantes que a integran, en beneficio dos diversos sectores da súa actividade.
  2. Promover as mellores condicións para o fomento da iniciativa privada no ámbito territorial da asociación, facilitando, dentro das súas posibilidades a creación de novas empresas e comercios e a subsistencia e potenciamento das xa existentes.
  3. Constituirse en interlocutora e mediadora entre os diversos sectores da actividade empresarial e do comercio, e as autoridades públicas e privadas, en defensa dos intereses dos seus asociados e da mellora dos servizos sociais.
  4. Velar polo desenvolvemento das condicións ideais para a actividade comercial e empresarial e o mellor servizo aos cidadáns e clientes dos asociados.
  5. Contribuir á mellora da imaxe pública dos diversos sectores nos que se desenvolve a actividade dos asociados, fomentando unha mellor información e atención ao público en xeral.
  6. Xestionar ante as autoridades públicas, colaborando coas mesmas, en cantas cuestións afecten á mellora da calidade de vida no término de Betanzos e a o seu fomento como zona turística, comercial e industrial.

Para a consecución destes fins, desenvolveranse as seguintes actividades:
  1. O exercicio ante os tribunais ordinarios de xustiza ou calquer outro organismo público ou privado, das accións tendentes a salvaguardar o interese comercial e empresarial.
  2. A administración e disposición dos propios recursos, orzamentarios ou patrimoniais, e a súa aplicación aos fins e actividades propias da Asociación.
  3. A colaboración coa Corporación municipal, Delegación autonómica de comercio e cos demais organismos e institucións competentes con vistas ao mellor funcionamento e desenvolvemento do comercio da localidade.
  4. A prestación de servizos de asesoramiento, formación e información, a cargo de profesionais, para os empresarios asociados.
  5. A recepción e estudio de propostas e problemas que presenten os empresarios asociados e realizar as xestións para a súa solución.
  6. A interlocución e mediación entre os empresarios asociados e entre estes e a administración pública.

Art. 7.- Para o desesnvolvemento dos seus fins, a asociación poderá federarse, vincularse, pactar con outras entidades territoriais ou nacionais e, especialmente, coas do mesmo ámbito profesional, requeríndose ao efecto, o acordo favorable da Asemblea Xeral, pola maioría de dous tercios.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA