Estatutos

CAPÍTULO II. DOS SOCIOS, OS SEUS DEREITOS E DEBERES

Art. 8.- Serán socios, coa plenitude de dereitos recoñecidos nos presentes Estatutos, todas aquelas Entidades dedicadas ao Comercio, que comprendidas nos ámbitos territorial e profesional aquí sinalados, adscribanse voluntariamente e sexan aceptados pola Asemblea Xeral, previo informe da Xunta Directiva. A Asociación terá un libro de altas e baixas dos asociados posto ao día.

Art. 9.- Non poderán adquirir a condición de socios as Empresas comerciais que, a pesares de ubicarse dentro do ámbito territorial establecido, sexan membros ou teñan constituida calquer outra asociación similar.

Art. 10.- Serán socios de honra aquelas persoas físicas que, aínda cando sexan alleas á actividade profesional, sexan consideradas con méritos suficientes para elo pola Asemblea Xeral. Este tipo de socios terán voz, pero non voto nos Órganos de Representación da Asociación, non podendo ocupar tampouco cargos directivos dentro da mesma, se ben gozarán do resto de dereitos e deberes inherentes aos demais socios.

Art. 11.- Os socios causan baixa polas seguintes causas:
  1. A petición propia dirixida por escrito ao presidente da Asociación.
  2. Por cese na actividade que deu orixe á súa incorporación como asociado, a non ser que a Asemblea Xeral estime oportuna a súa permanencia en calidade de socio de honra.
  3. Deixar de aboar a súa conta anual completa, sen perxuizo da esixencia do adeudado, mediante previo aviso por escrit con ao menos 7 días de antelación.
  4. Por acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva, e previa audiencia do interesado.

Art. 12.- Constitúen dereitos dos socios:
  1. Asistir, con voz e voto, á Asemblea Xeral da Asociación e no seu caso, ás reunións da Xunta Directiva.
  2. Elexir e ser elexido para postos de representación e directivos.
  3. Informar e ser informados oportunamente das actuacións da Entidade, así como de cantas xestións se fagan.
  4. Utilizar e gozar de toda clase de servizos específicos que podan crearse pola Asociación.
  5. Coñecer, en todo momento, a situación económica da Entidade.

Art. 13.- Calquera actitude discriminatoria que menoscabe os dereitos lexítimos dos socios, será nula e obxecto da sanción que no seu caso acorde a Xunta Directiva.

Art. 14.- Constitúen deberes dos socios:
  1. Asistir ás reunións dos Órganos de representación e Goberno da Asociación e das Comisións específicas das que formen parte, e a todas aquelas para as que sexan convocados.
  2. Axustar as súas actuacións á legalidade, aos presentes Estatutos e Acordos lexitimamente adoptados pola Asociación.
  3. Colaborar coa Asociación para o mellor cumplimento dos fins.
  4. Satisfacer as cotas acordadas pola Asemblea Xeral en beneficio da Asociación.

Art. 15.- As Sancións que poderán imporse aos membros da Asociación por incumprimento dos seus deberes poderán ser: apercibimento, suspensión temporal, multa e baixa, que se aplicarán pola Xunta Directiva atendendo, en cada caso, á gravidade das circunstancias da falta, previa incoación do oportuno expediente que, en unión á resolución, será elevado á Asemblea Xeral para que esta se pronuncie sobre a súa ratificación. Contra estes acordos os interesados poderán elevar, dentro dos 15 días seguintes ao da súa notificación, recurso ante a Asemblea Xeral, a cal resolverá en última instancia e decidindo o que crea oportuno, dentro dun prazo máximo de 30 días hábiles seguintes ao da súa presentación.

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA