Estatutos

CAPÍTULO III. DOS ÓRGANOS DE COMPOSICIÓN, GOBERNO E REPRESENTACIÓN

Art. 16.- Os Órganos de Representación e Goberno da Asociación están compostos por:
  1. A Asemblea Xeral
  2. A Xunta Directiva
Tamén poderán crearse Comisións para asuntos específicos, en cuio caso estas terán as funcións prorrogativas que taxativamente se fixaran no acordo para o seu nomeamento.

Art. 17.- A Asemblea Xeral da Asociación é o órgano soberano da mesma e está constituida pola totalidad de membros activos.
Esta Asemblea reunirase alomenos unha vez ao ano, en sesión ordinaria, e con carácter extraordinario, cando así o solicite ou ben a Xunta Directiva ou, alomenos un tercio dos seus membros.
Son funcións da Asemblea Xeral:
  1. Elexir á Xunta Directiva e ao Presidente, que o será á vez da Asemblea.
  2. Aprobar o programa, planos de actuación e balance de xestión presentado pola Xunta Directiva.
  3. Aprobar os orzamentos e liquidación de contas.
  4. Establecer os servizos técnicos, de estudio e asesoramento, e demais que se estimen oportunos, mediante a creación das correspondentes Comisións.
  5. Fixar as cotas a satisfacer, a proposta da Xunta Directiva.
  6. Aprobar e formar os presentes Estatutos.
  7. Sancionar as faltas dos asociados.
  8. Fiscalizar a actuación da Xunta Directiva e demais órganos de representación da Asociación. Podendo, no seu caso aprobar o correspondente voto de censura contra os mesmos, o cal, se é dirixido contra a Xunta Directiva, estará subscrito por, alomenos, un tercio da totalidade dos asociados, dando lugar, no caso da súa aprobación, á automática cesión nos cargos. Neste caso, haberá de nomearse unha Xestora, a cal encargarase de convocar dentro do prazo máximo de 15 días nova Asemblea Xeral, na que se procederá única e exclusivamente ao nomeamento da Xunta e demais órganos de Representación e Goberno correspondentes.

Art. 18.- A Xunta Directiva da Asociación, é o órgano executivo e delegado da Asemblea, e estará constituida, ademais de polo seu Presidente e Vicepresidente, polo secretario, o Tesoreiro e cinco Vogais, elexidos por sufraxio universal directo e segredo por e de entre os que formen parte da Asemblea Xeral.

Art. 19.- Son funcións da Xunta Directiva:
  1. Velar polo cumplimento dos acordos da Asemblea Xeral, como órgano executivo da mesma.
  2. Desenvolver as actividades necesarias na Asociación, para o normal funcionamento da mesma.
  3. Propoñer á Asemblea Xeral os programas de actuación, realizando e dirixindo os xa aprobados, e dando conta á mesma do seu cumplimento.
  4. Xestionar e contratar os servizos técnicos ou administrativos necesarios, dando conta á Asemblea Xeral.
  5. Convocar as reunións ordinarias e extraordinarias da Asemblea, establecendo o oportuno orde do día
  6. Confeccionar para cada exercicio económico o orzamento ordinario de ingresos e gastos propoñendo o efecto e ante a Asemblea Xeral, as cotas que deban satisfacer os asociados.
  7. Decidir en materia de cobros e ordenamento de pagos.
  8. Inspeccionar e velar polo normal funcionamento dos servizos da Asociación, así como polos presentes Estatutos.
  9. Realizar toda clase de informes e estudios.
  10. En casos de extrema urxencia, adoptar decisións sobre asuntos de cuia competencia corresponda á Asemblea Xeral, dando conta delo ante a mesma, a cal será convocada, en reunión extraordinaria, nun prazo máximo de cinco días.

Art. 20.- A Xunta Directiva reunirase en sesión ordinaria, como mínimo unha vez cada dous meses e, en sesión extraordinaria, cando a convoque o Presidente ou así sexa pedido pola terceira parte dos seus membros ou dos da Asemblea Xeral.

Art. 21.- Os membros da Xunta Directiva están obrigados a asistir a cantas reunións sexan convocadas e, se por calquera circunstancia xustificada, non poderan asistir, deberán comunicarllo ao Presidente, podendo delegar o seu voto, mediante escrito firmado, no mesmo ou noutro membro da Xunta Directiva.

Art. 22.- A Xunta Directiva constitúese como un órgano desinteresado e totalmente gratuito, non podendo percibir os seus membros emolumentos polo desempeño dos seus cargos. Nembargantes, estes terán dereito a que se lles aboe o importe das súas viaxes e demais gastos ocasionados pola súa representación, na forma e baixo as condicións que se determinen nos orzamentos para cada exercicio económico.

Art. 23.- O Presidente é o máximo representante individual da Asociación e será elexido, xunto aos demais membros da Xunta Directiva para un período de dous anos, mediante sufraxio universal directo e segredo da totalidade dos membros da Asociación.

Son funcións do Presidente as seguintes:
  1. Presidir a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
  2. Dirixir os debates e a Orde das Reunións.
  3. Representar áAsociación, subscribir contratos e outorgar poderes, así como executar toda clase de accións, coa debida autorización dos órganos de composición e goberno, dacordo coa competencia asignada a cada un deles.
  4. Rendir informe anual da súa actuación, e da actuación da Xunta Directiva, á Asemblea Xeral.
  5. Propoñer á Xunta Directiva ou no seu caso á Asemblea Xeral, o nomeamento de cantas Comisións, cargos técnicos ou administrativos, estime necesarios.

Art. 24.- O Vicepresidente é o sustituto do Presidente a todos os efectos e por todo o tempo necesario ata que este termine o seu mandato, cando o Presidente, ben por enfermedade ou ausencia ou polos motivos xustificados que procedese, estea imposibilitado das súas funcións.

Art. 25.- O Secretario é o actuario das reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva, dando fe e confeccionando actas de cantas resolucións nela se produzan. Así mesmo velará porque exista en cada momento, un sistema de rexistro adecuado de altas e baixas dos asociados.

Art. 26.- Compete ao Tesoreiro levar a contabilidade, así como a mecánica de cobros e pagos, sen perxuicio das facultades inspectoras atribuidas aos demais membros da Xunta Directiva.

Art. 27.- Os Vogais serán os sustitutos do Vicepresidente, Tesoreiro ou Secretario, e participarán co seu voto nos acordos da Xunta Directiva.

Art. 28.- Tanto a Asemblea Xeral, como a Xunta Directiva, quedarán validamente constituidas cando se atopen representados a metade máis un dos seus membros en primeira convocatoria e, en segunda e última, calquera que fóra o número de asistentes, correspondendo un voto a cada asociado. Os acordos adoptaranse por votación da maioría simple, a excepción dos que se refiran á disolución ou suspensión temporal da Asociación, para o cal será necesario o acordo do 75% dos asistentes á Asemblea Xeral convocada ao efecto. Os afiliados para ter dereito ao voto deberán estar ao corrente do pago das súas cotas.
As convocatorias realizaranse por escrito, cunha antelación mínima de sete días á data de reunión, salvo que se trate de cuestións urxentes e importantes, a xuizo do Presidente, en cuio caso bastará o aviso por palabras sempre e cando se comunicase a Orde do Día dos asuntos a tratar.

Art. 29.- As Comisións establecidas para asuntos concretos e determinados terán o contido, as funcións e a composición que especificamente se acordasen nas Asembleas nas que foran creadas, debendo actuar conforme ao establecido nas mesmas..

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA