RASCA E GAÑA

O reparto de boletos efectuarase entre o 16 e o 31 de maio de 2018 ou ata fin de existencias nos establecementos pertencentes á asociación.

PREMIOS:
- 10 tarxetas prepago de 50 cada unha.
- 2.000 bolsas tea de algodón reutilizables.

A data límite para reclamar o premio é o 30 de xuño de 2018.

Para que o boleto teña validez é imprescindible que estea selado polo establecemento emisor. Será criterio do responsable do establecemento comercial decidir o número de boletos a entregar a cada cliente segundo o volume de compra e ata finalizar as existencias.

No caso de atopar un premio nunha papeleta o interesado terá que dirixirse co boleto premiado á oficina de de ACEBE CCA, ubicada na Pza. Mestre Xosé Dapena Nº 1 de Betanzos, en horario de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres, onde o persoal da oficina se ocupará de xestionar a entrega do agasallo.

Os premios só poderán ser entregados a maiores de idade.

Galerías


Documentos

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA