Ofibrea

Imaxe portada Ofibrea

Propietario: Ofibrea

Librarķas e papelarķas

En Librería Papelería Brea levamos máis de 25 anos dedicados ao sector, dando un servizo moi personalizado aos nosos clientes. Para ir máis aló e cubrir mellor as necesidades de estudantes, profesionais e oficinas, creamos Ofibrea, empresa pertencente ao Grupo Ofiexperts, así que agora, ademais da atención e experiencia de sempre:

  • Melloramos o servizo: dámos unha atención máis áxil e flexible, especializada e personalizada que nunca.
  • Temos uns prezos moi competitivos. E non esiximos compra mínima (coidamos da túa economía).
  • Dispoñemos dunha gran variedade de artigos de papelaría, material de oficina, consumibles, equipamentos de oficina, mobiliario e moitas outras cousas; máis de 11.500 referencias nun catálogo impreso ao teu dispor, para que poidas facer o teu pedido sen moverte de onde estás.
  • Ademais das marcas máis coñecidas temos á túa disposición artigos coa marca propia do grupo, unha óptima relación calidade-prezo. Ti elixes!
  • Facémosche a vida máis cómoda, decide que tipo de servizo che convén máis en cada momento.
    • Ofibrea Cash: Dispós de aparcamento gratuíto á porta da tenda para que poidas aprovisionarte inmediatamente sen sufrir o tráfico e os problemas de estacionamento do centro de Betanzos.
    • Ofibrea Express: Se es profesional ou empresa e prefires facer un pedido a distancia, levámoscho nós mesmos para que non teñas que deixar de atender outras tarefas. Unha simple chamada para ter nas túas mans a gama máis completa de artigos de papelaría e oficina en menos de 24 horas (nun radio de 40 km e agás en caso de rotura de stock.
  • O importe da túa compra traducirase en Ofipuntos acumulables que poderás canxear por un agasallo. Elíxeo persoalmente no noso catálogo especial.

Galerias



Logo Ofibrea

Avda. da Coruña Nº 73. 15300 Betanzos

Teléfono: 981772429

Fax: 981775807


infoa r r o b aofibrea.com

Páxina web

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA