Propietario: Tocho Comercial S.L.
Varios
Tocho Comercial, s.l é unha empresa que naceu en Betanzos no ano 1973, coas orixes na venda de pintura, decoración, etc. Posteriormente e debido á diversidade dos nosos clientes fomos incorporando, ferraxaría, almacén de madeira, bricolaje, xardinaría, etc. ata abranguer todos aqueles produtos que necesites para reformar a túa casa, obra nova e industria.
Avanzamos durante todos estes anos debido ao noso compromiso tanto cos clientes coma cos provedores e desta forma podemos distribuír as mellores sinaturas do mercado como: Bruguer, Xyladecor, Pyma, Ici Paints, Portadeza, Makita, Bosch, Palmeira, Berry Floor, Hempel, Cedria, etc...... e moitas outras que che mostramos na nosa tenda en Betanzos ou na nosa web. Con todos os clientes tratamos de adaptarnos a todas as necesidades, e por iso cumprimos as túas demandas tanto se es un particular, unha empresa ou unha industria dando sempre o produto axeitado á mellor calidade e ao mellor prezo, coa garantía de asesoramento de profesionais do sector.