Artesanía Lagoa

ARTESANÍA LAGOA

Propietario: José Lagoa Fernández

Agasallos e artesanía

Artesanía Lagoa é unha empresa familiar dedicada á produción e comercialización de artesanía galega. O obxectivo da nosa actividade é difundir e revitalizar a artesanía da nosa terra.

No noso taller, situado na zona monumental da cidade de Betanzos e fundado a finais do século XIX, fabricáronse nos últimos sesenta anos toneis, sellas, soportes para colocar testos, paraugueiros, tallas, caldeiros para pozo ou barco, xerras, porróns,…

A nosa actividade actual baséase, fundamentalmente, na produción de sellas. A súa utilidade foi a de transportar e almacenar auga nas épocas nas que non existía subministración canalizada nos domicilios. Na actualidade empréganse, fundamentalmente, para a decoración, aínda que siguen chegándonos peticións para o seu uso orixinario.
Dispoñemos dunha ampla gama de produtos de:

Tonelería e adega

Pipotes de carballo e castiñeiro, pipotes-botelleiro, reloxos e lámpadas de pipote, xogos de cadeiras ou tallos e mesa para adega, prensas para a uva, estrulladoras, tallas, botas de viño…

Madeira

Zocos y madroñas; gaitas, carros, xugos, galletas; adornos de cociña; xoieiros, varas de peregrino e bastóns…

Cobre

Alambiques, caldeiros y caldeiras para o polbo, potes, paraugueiros, testos, miniaturas, reloxos, pratos,…

Bronce e latón

Campás, pesas, chamadores, morteiros, colgadoiros, colgadoiros de chaves, candís, xogos de culleres de tirar,...

Ferro fundido

Potes, potas, tixolas,…

Olería e cerámica

Buño, Gundivós, Artesanía e Signos, Cerámica Celta,...
Vasos, xogos de sobremesa, bandexas, xogos de viño e de licor…

Granito

Reproducións en pedra: hórreos, cruceiros, escudos,…

Complementos de lareira

Salvachispas, xogos de lareira, queimadores, cestos para a leña,…

Coiro

Bolsos, mochilas, carteiras, moedeiros, colgantes, prendedores para o pelo, pendentes, aneis,…

Forxa

Lámpadas de estilos rústico e moderno, de teito, de pé, sobremesa, apliques,…
Bancos, cadeira, mesas, cabeceiros,…

Galerias



ARTESANÍA LAGOA

Rúa da Ribeira 8-14. 15300 Betanzos

Teléfono: 981 770 310


jvlagoaa r r o b ayahoo.es

Páxina web

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA