Banco Etcheverría

Imaxe portada Etcheverría

Propietario: Banco Etcheverría

Banca

O Banco Etcheverría fúndase en Galicia (Betanzos) no ano 1717, sendo a entidade decana do mercado bancario español.

A nosa solidez financeira, a nosa continuidade no tempo e a permanente orientación enfocada a cubrir as necesidades dos nosos clientes, permitíronnos manter un alto servizo personalizado desde hai varias xeracións.

Na actualidade a implantación xeográfica das nosas oficinas atópase situada nas catro provincias da Comunidade Autónoma Galega e en Madrid, e estamos inmersos nun forte plan de expansión de apertura de oficinas.

Mantemos a práctica dunha banca de trato persoal como forma de atención aos nosos clientes, polo que analizamos individualmente as súas necesidades de investimento e/ou financiamento para deseñar solucións a medida.

A través destas páxinas de internet, en liña co desenvolvemento da nova tecnoloxía, queremos poñer aínda máis preto dos nosos clientes, maior capacidade operativa e unha alta gama de produtos, coa vontade de manter e mellorar o mesmo trato persoal que nos vén caracterizando desde hai tres séculos.

Galerias

  • Galería Etcheverría 1
  • Galería Etcheverría 2


Logo Etcheverría

Cantón Grande 2. 15300 Betanzos

Teléfono: 981 771 551

Fax: 981 772 656


betanzosa r r o b abancoetcheverria.es

Páxina web

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA