OLLOS GABINETE ÓPTICO

OLLOS

Propietario: PAPORRUBIO S.L.

Saúde, Farmacia, parafarmacia, óptica e ortopedia

Ollos Gabinete Óptico nace no ano 2007. Empresa aparentemente nova, conta cun equipo de moitos anos de experiencia no sector, apostando por unha serie de obxectivos principais: ofrecerlle ao cliente calidade, atención personalizada, eficacia e rapidez no servicio.
A nosa finalidade é a saúde ocular. Por este motivo dispoñemos dun avanzado e completo gabinete de refracción, onde os nosos optometristas graduarán a súa vista, comprobarán a súa tensión ocular e aconsellarano sobre a solución máis axeitada para o seu caso en particular.
Tentamos dar unha nova importancia ao campo da visión. Miramos as preferencias dos nosos clientes e, porén, estamos á súa enteira disposición para axudarlle a escoller tanto o que mellor se axuste ás súas necesidades persoais, coma, por suposto, orientalo no estilo que máis lle favoreza: sport, infantil, vangarda, clásico ou progresivo, non esquecendo nunca a calidade.
En Ollos Gabinete Óptico poderá atopar sempre as mellores marcas e modelos de diversas tendencias estéticas, dende a máis clásica ata a máis vangardista: Carolina Herrera, Donna Karan, Armani, Dior, Vogue, Persol, Amaya Arzuaga, Ralph Lauren, MaxMara, Aghata Ruíz de la Prada…
Contamos tamén cun centro especializado en adaptación de lentes de contacto. Dispoñemos dunha ampla gama de lentillas e líquidos da máis alta calidade para os seus ollos. O noso establecemento proporcionaralle a seguridade de contar co mellor asesoramento na súa saúde ocular.
Pásese por Ollos Gabinete Óptico e o atenderemos con sumo gusto e profesionalidade.

Galerias

  • OLLOS_2308
  • OLLOS_1837


Rúa do Rollo Nº 21. C.P. 15300 - Betanzos

Teléfono: 981775194

Horario: De luns a venres:
Mañás de 10:30 a 13:30h.
Tardes: inverno: de 16:30 a 20:00h. e verán: de 17:00 a 20:30 h.
Sábados de 10:00 a 14:00 h.


Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA