Bertha Hogar S.L.

Propietario: Bertha Hogar S.L.

Téxtil fogar

Quen Somos

Bertha Hogar nace en 1980, na provincia da Coruña, impregnada dun espírito vocacional de achegar un servizo único a fogares esixentes.

As teas, os sistemas téxtiles para ventás, os tapizados, os complementos; calquera elemento que requira unha vestimenta téxtil para a túa casa é a nosa aposta.

Para iso contamos cun equipo especializado en deseño e asesoramento en solucións decorativas, así como talleres propios de confección con técnicos de montaxe e instalación.

Á vangarda das tendencias e necesidades do mercado, Bertha Hogar diferencia cada fogar achegando calidade aos seus produtos e servizos.

Produtos

Diferénciate con solucións únicas para as túas ventás
A nosa ampla gama de teas e sistemas decorativos como son as cortinas, os stores, os enrolables tipo screen, as persianas venecianas, as cortinas, os paneis xaponeses, están á túa disposición en calquera das nosas tendas. Contacta co noso equipo para asesorarte sen compromiso, e goza dun financiamento á túa medida.

Complementa o teu fogar coas últimas tendencias en roupa téxtil
Cunha renovación periódica da súa oferta, Bertha Hogar introduce as últimas tendencias da moda no fogar ofrecendo unha ampla gama de artigos para a cama (colchas, edredóns, fundas nórdicas, xogos de cama, plaids, coxíns, mantas), o baño (toallas, albornoces, alfombras), a mesa (manteis, coxíns de cadeira, panos), as alfombras (la, acrílica, bambú, pel) e o descanso (almofadas, colchoaría, nórdicos, protectores).

logo bertha

Avda. Jesús García Naveira Nº 44 Baixo 15300 Betanzos

Teléfono: 981776457


bhbetanzosa r r o b aberthahogar.com

Páxina web

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA