LOPEZ SANCHEZ AVOGADOS

LOPEZ SANCHEZ AVOGADOS nace na cidade de Betanzos, como un despacho multidisciplinar, especialistas no asesoramento de empresas e particulares, coa intención de prestar aos nosos clientes un servizo integral de asesoramento xurídico.

Especialistas en dereito mercantil, civil, laboral e bancario, diriximos a nosa actividade profesional a dar apoio, prestar asesoramento e dotar dunha defensa efectiva a todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que precisan unha axeitada cobertura legal e un servizo xurídico especializado, actuando en tribunais de toda España.

Por iso entendemos que o labor dun avogado é preventivo e, por iso acudindo a un servizo xurídico, vostede pode evitarse moitos problemas antes e non despois de tomar unha decisión que, ás veces, pode ter repercusións na súa vida persoal ou no seu patrimonio.

A nosa disciplina de traballo é rigorosa, ofrecendo un trato personalizado co cliente e o seu caso dende un primeiro momento, por iso:

Avaliaremos o seu caso nunha primeira visita, ofrecendo a nosa máis sincera opinión.
No caso de que existan solucións viables ao seu caso, darémoslle un presuposto pechado dos nosos honorarios, co fin de que vostede coñeza, dende un primeiro momento o custo, sen compromiso ningún.
Sempre ofrecemos un seguimento persoal, constante dos seus asuntos coa máxima confidencialidade.

Porta da vila nº1 ,1º 15300 BETANZOS

Teléfono: 981773526

Fax: 981774325


info@lopezsanchez.com

Páxina web

Accesibilidade | Aviso legal © 2007 ACEBE.CCA