A campaña "Rasca e gaña" de ACEBE CCA repartirá 1.500 euros en cheques e 1.000 bolsas de tea

ACEBE CCA pon en marcha unha nova campaña "Rasca e gaña" mediante a que se repartirán 1.500 euros en cheques e 1.000 bolsas de tea reutilizables en forma de premio directo entre os clientes dos establecementos asociados.

O reparto de boletos realizarase entre os días 7 e 18 de setembro ou ata que os establecementos rematen as existencias. En total poñeranse en circulación 8.500 papeletas. Cada empresa e comercio asociado recibirá 50 boletos para entregar aos clientes polas súas compras.

As papeletas "rasca e gaña" daranlle aos clientes a oportunidade de gañar un dos 1.030 premios que se entregarán na campaña.

Os propietarios dos negocios serán os que determinen o criterio co que entregarán os boletos aos seus clientes, segundo o volume de compra que consideren oportuno. Cada comerciante deberá selar as papeletas "rasca e gaña" para que estas teñan validez.

Como reclamar o premio

No caso de atopar un boleto premiado cunha bolsa de tea, a persoa agraciada deberá acudir ao establecemento que lle deu a papeleta para pedir que lle entreguen alí o premio.

Se o que figura no "rasca" e un acebecheque de 50 euros, deberá poñerse en contacto coa oficina de ACEBE CCA no teléfono 981774574 en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas para concertar unha cita e será o persoal da asociación o encargado de xestionar a entrega do cheque.

A data límite para reclamar os premios será o 15 de outubro de 2020. Poden consultar aquí as bases completas da promoción.

Consulta aquí as BASES COMPLETAS  da campaña.

Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis


ACEBE CCA ACTIVA O SERVIZO DE ENVÍOS GRATUÍTOS PARA AS VENDAS EN LIÑA

26/02/2026

ACEBE CCA acaba de activar o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña, unha prestación exclusiva para comercios asociados que está subv...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN MERCABETANZOS NO EDIFICIO LICEO NA FIN DE SEMANA DO 28 DE FEBREIRO E 1 DE MARZO

10/02/2026

A fin de semana do 28 de febreiro e o 1 de marzo volverán os descontos de MercaBetanzos á planta alta do Edificio Liceo. O mercado de oportunidad...


leer máis