A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...
A cidade celebrou o centenario da creación da Irmandade da Fala de Betanzos
O Alcalde, Ramón García, membros da Corporación e familiares dalgúns dos membros da Irmandade da Fala de Betanzos durante a conmemoración no Alfonsetti / ARUME
O Concello celebrou un acto no Alfonsetti, o lugar no que en outubro de 1917 se reunira por primeira vez a Irmandade da Fala de Betanzos
O 23 de outubro de 1917 reuníase por primeira vez no Teatro Alfonsetti a Irmandade da Fala de Betanzos, un grupo de mozos e mozas betanceiros que defendían a lingua e a Cultura Galega.
Cen anos despois daquel primeiro mitin da Irmandade da Fala de Betanzos, e sobre o mesmo esceario, o Concello rendeu homenaxe a este colectivo que desenvolveu a súa labor a prol da cultura entre os anos 1917 e 1930. Mitins, conferencias, a creación dun coro e dun cadro de declamación para a promoción do teatro galego, a organización dos Xogos Florais de 1918 e a publicación da revista "Rexurdimento", son algunhas das súas obras sobre as que temos coñecemento grazas aos fondos do arquivo municipal e que poden consultarse a través de Internet.
No acto central celebrado ás 12:30 horas no Alfonsetti participaron familiares dalgúns dos membros da Irmandade da Fala de Betanzos que recrearon sobre o esceario textos do colectivo, mostra da pegada que o grupo deixou en Betanzos. Tamén participou o historiador betanceiro Xesús Torres, autor de varios estudos centrados neste colectivo.
A homenaxe rematou coa actuación do Real Coro Toxos e Flores de Ferrol, fundado en 1915 e vencellado ao movemento das Irmandades da Fala.
Punto de información turística
Antes do acto central no Alfonsetti, o Alcalde, Ramón García, acompañado de representantes dos cinco partidos políticos da Corporación, descubriu un novo punto de información turística instalado nos Soportais do Campo, á altura do antigo número 22, onde a Irmandade da Fala de Betanzos tivo a súa sede.
A comunidade educativa do IES As Mariñas tamén se sumou á celebración do centenario e elaboraron unha completa exposición sobre as Irmandades da Fala e sobre a betanceira en particular así como os persoeiros máis importantes desta organización.
Novas relacionadas
08/09/2009
A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...
08/09/2009
O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...
05/11/2009
O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...