A Unesco declara As Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo Reserva Mundial da Biosfera

A delegación coruñesa formada polo Subdirector de Augas de Galicia, Roberto Arias, o Presidente do GDR, José Antonio Santiso, e o Vicepresidente, César Longo, xunto á Presidenta do Consello, Boshra Salem

A candidatura, integrada por 18 municipios e promovida polo GDR Mariñas-Betanzos, foi designada por unanimidade e considerada “única” polas súas características

O 28 de maio foi para a comarca un día “histórico”, así o calificou o Presidente do GDR As Mariñas-Betanzos, José Antonio Santiso, logo de recibir en París a designación de As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como reserva mundial da biosfera. Culmina así un proceso iniciado en outubro de 2009 da man da Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”.

O Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere), integrado por representantes de varios países, aprobou por unanimidade a candidatura  e a súa decisión foi amplamente aplaudida pola sala.

A candidatura, integrada por 18 municipios e promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Mariñas Betanzos, foi calificada como “única” polo seu carácter atípico ao conxugar “a excelencia da natureza co desenvolvemento da actividade humana”, tal e como se espuxo na votación. A Unesco destacou para o seu dictame favorable “o gran consenso social que logrou o GDR na candidatura”, resaltando o papel activo dos 18 concellos na estructuración dos órganos de xestión que se crearán e a programación xeral e económica xa prevista ata o ano 2022.

Ata París desprazouse unha delegación composta polo Presidente do GDR, José Antonio Santiso; o Vicepresidente, César Longo; o xerente, Jorge Blanco; e o subdirector xeral de programación de Augas de Galicia, Roberto Arias, que recibiron emocionados a designación.

Santiso agradeceu na súa intervención ante o Consello a decisión que supón, dixo, “o principio dun gran reto para o desenvolvemento sostible” e salientou que “agora toca traballar e demostrar que se pode levar a cabo a actividade humana respetando á vez o medio”.

Prestixio

A designación permitirá acceder a novas vías de financiamento para experimentar prácticas innovadoras que concilien a actividade humana e a conservación do medio, resaltando os elementos naturais existentes e, con idéntico valor de prioridade, o desenvolvemento de formas de explotación sostible dos recursos.

O Vicepresidente do GDR, César Longo, destacou que “aporta prestixio, tanto ao territorio como ás súas empresas e aos seus produtos, coa ampliación do mercado a través de marcas de calidade, coa recuperación das actividades económicas tradicionais e a incentivació de iniciativas ligadas ao turismo sostible”, dixo.

A reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” está integrada polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado. Ocupa unha superficie de aproximadamente 114.000 hectáreas nas que residen case 190.000 persoas. A nova reserva súmase ás outras cinco con que conta Galicia e ás 45 que hai en España que é, tras Estados Unidos, o país que conta cun maior número destes territorios recoñecidos pola Unesco.


Noticia extraída do Nº 247 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA RECIBE O GARELO DE COMERCIO E INDUSTRIA

07/09/2012

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, foi unha das galardoadas coa distinción Garelo que...


leer máis


A EMPRESA PROPIETARIA DOS CHALÉS DO PASATEMPO PIDE A LICENCIA DE DERRUBE

08/09/2009

A empresa participada por Banesto, como propietaria das vivendas unifamiliares inacabadas do Pasatempo, ven de solicitar ante o Concello a licencia ...


leer máis


O CONCELLO RETIRA A PONTE DE MADEIRA QUE SERÁ SUSTITUIDA POR OUTRA DE DESEÑO SIMILAR

08/09/2009

O Concello retira a ponte de madeira que será sustituida por outra de deseño similar A ponte de madeira do malecón pasou á historia. O seu dete...


leer máis


OS VECIÑOS DE ALFONSO IX PIDEN O TRASLADO DO CUARTEL DA GARDA CIVIL POR SEGURIDADE

05/11/2009

O Concello ten que reordenar os estacionamentos no entorno do acuartelamento para cumprir os requisitos de seguridade que regula o Ministerio de...


leer máis