ABANCA e ACEBE CCA asinan un convenio de colaboración con vantaxes para as empresas asociadas

De esq. a dta.: o director da oficina de ABANCA no Cantón Claudino Pita de Betanzos, Jesús S. Barbeito López, a presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido Díaz, e o director de zona Betanzos/Eume de ABANCA , José Ulfe Bugallo / FOTO ARUME

ABANCA e ACEBE CCA asinaron un convenio mediante o que a entidade bancaria ofrece condicións vantaxosas para os socios e socias do Centro Comercial Aberto de Betanzos. O acordo foi suscrito pola presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido Díaz e polo director de zona Betanzos/Eume de ABANCA, José Ulfe Bugallo.

Mediante o acordo, o banco pon a disposición dos comerciantes e empresas asociadas un plan de financiamento co que se busca responder de maneira integral ás súas necesidades. No convenio inclúense produtos e servizos como os préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, que contan con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

Na oferta tamén se recollen solucións para as necesidades máis inmediatas como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais confirming ou factoring.

Ademais, os asociados poderán beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e das tarxetas, pero tamén polas transferencias, polo ingreso de cheques ou por outros servizos habituais.

Tamén estará a disposición dos comerciantes e empresarios o servizo de banca electrónica de ABANCA, co que poderán utilizar servizos como Appúntame, para xestionar calquera tipo de cotas, domiciliacións ou subscricións de maneira sinxela, o Bróker Online ou ABANCA Pay, entre outros.

Apoio ao comercio de proximidade

Outro dos beneficios incluidos no convenio son os TPVs físicos e virtuais con grandes vantaxes, así como o servizo “Alavuelta”, que permite aos comercios coñecer as claves do seu negocio, o patrón de compra dos clientes con tarxeta, garantindo en todo momento o anonimato dos mesmos, o que lles permitirá perfeccionar as súas estratexias de venda para atraer a novos clientes e fidelizar os que xa teñen.

Este servizo enmárcase no compromiso de ABANCA co comercio local e de proximidade, que beneficia aos comerciantes e empresarios pero tamén aos seus clientes con outros servizos como “Applázame” que permite un financiamento inmediato e seguro dende o móbil.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis