Aberto o prazo de solicitude das axudas municipais para os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola Covid-19

Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello destinou a estas subvencións 150.000 euros procedentes dos orzamentos da Feira Franca Medieval e das Festas de San Roque. Ademais, resérvanse outros 100.000 euros por se é preciso ampliar a primeira fase de axudas.

Poderán solicitar as subvencións as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, e as microempresas con domicilio fiscal e centro de traballo afectado en Betanzos, que tivesen que pechar durante a crise sanitaria ou que sufrisen unha baixada drástica da súa facturación no mes seguinte á declaración do estado de alarma. Esta redución de ingresos debe ser, como mínimo, do 50% con respecto á media do semestre natural anterior ao estado de alarma.

A contía das subvencións será dun máximo de 500 euros para quen tivese que pechar os seus establecementos durante a crise sanitaria e de 300 euros no caso de que sufriran unha redución da súa facturación.  Estas cantidades incrementaranse nun máximo de 100 euros para empresas de ata catro traballadores; e nun máximo de 200 euros no caso de ter ata 9 traballadores con data de 1 de marzo de 2020. Esta axuda é compatible coas que poidan recibir doutras administracións públicas.

A web www.betanzos.gal dispón da información e documentación precisa para realizar as solicitudes que deben presentarse no Rexistro Municipal a través da sede electrónica. Habilitouse tamén un correo electrónico para atender dúbidas: axudascovid@betanzos.gal.

Estas subvencións compleméntanse coa bonificación de determinados impostos. Así, os autónomos ou emprendedores que inicien actividade non terán que pagar polos servizos urbanísticos por outorgamento de licenza de apertura. Tamén estarán exentos de pagar a licenza urbanística para iniciar nova actividade ou para mellorar as instalacións. Bonificarase tamén a taxa de terrazas durante todo o ano 2020 de forma retroactiva e os autónomos e pequenas empresas que cesaron a súa actividade durante o estado de alarma verán compensado o recibo bimestral de auga e saneamento que coincide con este periodo.


Noticia extraída do Nº 332 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis