Aberto ata o 4 de decembro o prazo de inscrición na Campaña de Esquí da Deputación

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Esquí 2020 na que poderán participar un total de cincocentos nenos e nenas da provincia repartidos en cinco quendas.

A actividade desenvolverase entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020 na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense). Poderán participar nenos e nenas de entre 11 e 15 anos que  poderán iniciarse no esquí ou perfeccionar os seus coñecementos ademais de participar noutras actividades deportivas e culturais complementarias.

O custe da viaxe e a estadía é de 85 euros e, ademais, inclúe, as clases de esquí con monitores, o seguro, o alugamento de material, os remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e os cursos programados.

Os rapaces e rapazas dos concellos do entorno (Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado, Vilarmaior e Vilasantar) poderán asistir na quinta quenda, entre o 21 e o 24 de febreiro.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 4 de decembro e as persoas interesadas en participar deberán entregar nos respectivos concellos a ficha debidamente cuberta que poderán descargar na páxina web: www.dacoruna.gal/deportes


Novas relacionadas


A PLATAFORMA SOS HOSTELERÍA BETANZOS CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN O MÉRCORES 24 PARA RECLAMAR UN PLAN DE RESCATE

23/02/2021

A plataforma SOS Hostelería Betanzos, da que forman parte case un cento de hostaleiros locais, convoca para o mércores 24 ás 12.00 horas unha conce...


leer máis


O SERGAS DETECTA EN BETANZOS TRINTA POSITIVOS DURANTE O CRIBADO POBOACIONAL

10/02/2021

Un total de 30 positivos foron detectados no cribado poboacional que o Sergas realizou en Betanzos entre o 28 de xaneiro e o 6 de febreiro e ao que fo...


leer máis


SANIDADE INICIA MAÑÁ UN CRIBADO EN BETANZOS A 8.000 PERSOAS DE ENTRE 18 E 60 ANOS

27/01/2021

Uns 8.000 veciños e veciñas de Betanzos de entre 18 e 60 anos serán convocados a partir de mañá xoves para someterse a unha proba PCR para detect...


leer máis


O CONCELLO PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA INCENTIVAR O CONSUMO LOCAL CON 6.000 EUROS EN TARXETAS REGALO

23/11/2020

O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...


leer máis