Mañá abre ao público o parque infantil que ACEBE CCA instalou na Praza Irmáns García Naveira

Imaxe do parque infantil de xogos instalado o ano pasado / FOTO ARUME

Este venres día 20 a partir das 16.00 horas abrirá ao público o parque infantil de xogos co que a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) busca proporcionar unha alternativa de lecer que serve ademais de complemento á campaña de promoción comercial da asociación.

O parque está instalado nunha carpa de 200 metros cadrados na Praza dos Irmáns García Naveira e conta con zonas de xogo diferenciadas por idades. Os nenos e nenas estarán acompañados por monitores.

O horario de apertura habitual será de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Os días 24 e 31 pechará ás 19:00 horas. Os días 20 e 25 abrirá en horario de tarde e o 1 de xaneiro estará pechado.

Para acceder ao parque infantil será preciso entregar as invitacións que os comercios asociados a ACEBE CCA repartirán entre os seus clientes. Non haberá entradas á venda na carpa. A listaxe de comercios asociados a ACEBE CCA pode consultarse na páxina web: www.comerciodebetanzos.com.

O parque contará con xogos PlayMóbil, Superzings, Rolly Toys e, como novidade este ano, xogos de Carrera.

Os menores de 4 anos poderán acceder á zona junior para a que non é preciso ter entrada.

Xornada solidaria

O 23 de decembro ACEBE CCA organiza unha xornada solidaria no parque infantil na que se recollerán alimentos e produtos de hixiene para contribuir ao programa de alimentos do Concello de Betanzos. Durante este día o Concello instalará unha caseta a carón da carpa, na que poderán realizarse as doazóns e conseguir así unha entrada especial, válida só nesta xornada, que lles dará acceso ao parque.

1.500 euros en premios

O parque infantil de xogos complementa a Campaña de promoción de ACEBE CCA “Dálle vida ao Nadal en Betanzos” na que se sortearán 1.500 euros repartidos en oito premios: un primeiro de 500 euros, dous segundos  de 250 euros cada un e cinco terceiros de 100 euros cada un.

Os premios serán en forma de tarxeta regalo que só poderá ser canxeada nos establecementos asociados a ACEBE CCA.

Con esta iniciativa a Asociación busca premiar a fidelidade dos clientes que mercan no comercio, na hostalería e nas pequenas empresas da cidade. Ademais, o premio revirte de novo nos establecementos asociados.

O reparto de rifas entre os clientes que realicen as súas compras nos comercios e empresas asociados a ACEBE CCA realizarase ata o 31 de decembro. A campaña culminará co sorteo ante notario que se celebrará o 8 de xaneiro de 2020.

Os números gañadores publicaranse na web de ACEBE CCA: www.comerciodebetanzos.com, en redes sociais e na edición de xaneiro do periódico “Betanzos e a súa comarca”.

Para que as papeletas sexan válidas para o sorteo deben estar seladas polo establecemento emisor. As rifas están divididas en dúas partes, unha é para o cliente e a matriz para o comerciante. É imprescindible que o comerciante conserve as matrices que serán recollidas a partir do 2 de xaneiro de 2020.


Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA 35 OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E ADULTOS

15/12/2025

ACEBE CCA organiza entre o 19 de decembro e o 4 de xaneiro un total de 35 obradoiros para público infantil e adulto, como complemento á súa Campañ...


leer máis


ACEBE COLABORA NA VENDA DOS CALENDARIOS SOLIDARIOS NOEL BALSA GONZÁLEZ EDITADOS POLO IES FRANCISCO AGUIAR

23/11/2025

O IES Francisco Aguiar de Betanzos editou, por sétimo ano consecutivo, os calendarios solidarios Noel Balsa González en favor de Cris Contra el Cán...


leer máis


ACEBE CCA INCORPORA UNHA TRABALLADORA Á PLANTILLA A TRAVÉS DUNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA

21/11/2025

ACEBE CCA incrementou a súa plantilla cunha traballadora contratada a través dunha subvención cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa...


leer máis


ACEBE CCA SORTEA PREMIOS POR VALOR DE 2000 EUROS ESTE NADAL

12/11/2025

ACEBE CCA organiza unha nova campaña de Nadal na que sorteará un total de 37 premios valorados en 2000 euros entre os clientes que realicen as súa...


leer máis