ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA abre o proceso electoral para renovar a directiva

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) celebrará o 16 de novembro a Asemblea Electoral para elixir á nova xunta directiva para os vindeiros dous anos.
Previamente, na mesma xornada, celebrarase unha Asemblea Xeral Ordinaria na que a directiva en funcións presentará a campaña de Nadal, dará conta da alta de novos socios e acordaranse os festivos nos que se autoriza a apertura comercial, entre outras cuestións.
A Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase no salón Azul do Edificio Liceo, ás 20.30 horas en primeira convocatoria e ás 21.00 horas en segunda. Unha vez rematada esta será cando se celebre a Asemblea Electoral.
Proceso electoral
Unha vez transcorridos os dous anos de mandato da actual xunta directiva, os estatutos de ACEBE CCA establecen que deben renovarse os cargos para os seguintes dous anos mediante un novo proceso electoral.
O prazo de presentación de candidaturas abriuse o pasado día 2 e pechará ás 14.00 horas do 15 de novembro. Poderá presentarse ás eleccións calquera socio ou socia que se atope ao corrente nos pagos das cotas e que configure unha candidatura formada por, alomenos nove persoas, tamén asociados de ACEBE CCA.
A xunta directiva, que é o órgano executivo e delegado da Asemblea, estará constituida polo/a presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e cinco vogais. Todos eles serán elixidos por sufraxio universal directo e segredo de entre as persoas que asistan á Asemblea.
As candidaturas poderán presentarse ata as 14.00 horas do día 15 de novembro na sede de ACEBE CCA, na Praza Mestre Xosé Dapena, número 1, baixo. Para aclarar calquera dúbida relacionada con este proceso electoral poden chamar ao teléfono 981774574 en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

