ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
ACEBE CCA activa o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña

ACEBE CCA acaba de activar o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña, unha prestación exclusiva para comercios asociados que está subvencionada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. A iniciativa, que xa se levou a cabo en anos anteriores, ten como principal obxectivo axudar a impulsar a competitividade do comercio local no mercado global de Internet.
Ata o momento inscribíronse un total de 19 comercios aos que ACEBE CCA lles financiará os custes de envío ata un máximo de 100 euros ao mes por negocio, un límite que se revisará máis adiante en función do consumo realizado e das novas inscricións.
Os negocios que xa se apuntaron á campaña son: Distrito Palmeras, Rocigarcía, El Cantón Ropa Interior, Lencería Alicia, Miraquélinda, Xoma Kids, Manuela Ferreira Decoración, Maskesueños, Freesia, Dans, Chocolat, Librería Brea, Isi Moda y Complementos, Selgas, Coure Boutique, Libraría Biblos, Tartaruga, Cosméticos Franjas e Tocho Comercial.
Os comercios inscritos poderán ofrecer aos seus clientes o envío gratuíto das compras que realicen nos seus negocios a través das súas páxinas web, de whatsapp ou das redes sociais. Os envíos realizaranse a través da sucursal de MRW de Betanzos que xa contactou cos diferentes negocios apuntados para explicar as condicións da prestación.
O servizo estará activo ata o vindeiro mes de setembro ou ata que se esgoten os fondos.
Os comercios asociados a ACEBE CCA que desexen inscribirse na campaña poden facelo enviando un correo electrónico a: acebe@comerciodebetanzos.com ou comunicándose coa asociación no teléfono 981774574 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Novas relacionadas
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...

