ACEBE CCA CELEBRA O 7 E 8 DE SETEMBRO UNHA NOVA EDICION DE MERCABETANZOS

A Praza dos Irmáns García Naveira acollerá na fin de semana do 7 e 8 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o Mercado de Oportunidades do Comercio de Betanzos, organizado por ACEBE CCA.

O mercado, destinado á venda de produtos de stock a prezos rebaixados, desenvolverase nunha carpa na que se instalarán os stands dos negocios participantes que venderán os seus artigos de stock con importantes descontos. O horario será ininterrompido, de 11.00 a 21.00 horas o sábado 7 e de 11.00 a 20.00 horas o domingo 8. Ademais, o domingo celebrarase  unha sesión vermú co grupo The Cans.

No evento participarán un total de 13 establecementos asociados a ACEBE CCA de diferentes sectores: moda, complementos, lencería, gafas, produtos de hixiene, masaxes express, etc. Os establecementos inscritos nesta ocasión son: Bicos, Chocolat, Confecciones Chela, Dans, Distrito Palmeras, El Cantón Ropa Interior, Holística, ISI moda y complementos, Lencería Alicia, Miraquélinda, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Tartaruga e Xoma Kids.

MercaBetanzos está organizado por ACEBE CCA e patrocinado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.


Noticia extraída do Nº 381 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis