A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
ACEBE CCA celebra o Samaín con doces sorpresas e un misterio por resolver

Unha vintena de negocios de diferentes sectores sumouse á proposta de ACEBE CCA para festexar o Samaín agasallando cunha doce sorpresa aos nenos e nenas que se disfracen na tarde do 31 de outubro e que se pasen polos negocios inscritos.
Son 23 os establecementos que ofrecerán golosinas aos rapaces e rapazas que pasen polas súas instalacións cos seus disfraces: Alecrín, Atico30, Libraría Biblos, Bicos, Casa do Queixo, Segundo Productos Naturales, Chocolat, Cuore Boutique, Distrito Palmeras, El Cantón Ropa interior, Gadis, Graf Moda Joven, La Pelu de Nana, Larpeiradas Babel, Miraquelinda, Moita Miga, O Ekolar, Óptica Betanzos, Óptica Brigantium, Óptica-Parafarmacia-Herboristería Selgas, Tartaruga, Tocho Comercial e Xoma Kids.
Nesta ocasión, ademais, a asociación colabora con Gemola nunha actividade de animación que consistirá nun percorrido por negocios asociados do casco histórico recollendo pistas para resolver “O misterio do casco vello”. Haberá dúas quendas e o gañador ou gañadora de cada unha delas recibirá un diploma e un Acebecheque de 30 euros. A organización desta actividade, que xa cubriu o medio cento de prazas dispoñibles nos primeiros días de inscrición, correrá a cargo da polifacética artista Gemola con quen ACEBE CCA colabora este ano.
Novas relacionadas
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...

