O Concello de Betanzos pon en marcha en decembro a campaña “Merca, tan cerca”, unha acción de apoio ao tecido comercial, empresarial e hostaleir...
ACEBE CCA celebra hoxe a xornada solidaria no parque infantil de xogos
Hoxe 23 de decembro o parque infantil de xogos que ACEBE CCA ten instalado na Praza dos Irmáns García Naveira, celebrará a súa xornada solidaria. Durante o día de hoxe, no horario de apertura do parque (de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas) recolleranse alimentos e produtos de hixiene para o programa de alimentos do Concello de Betanzos. As persoas que realicen doazóns na caseta que o Concello colocou ao carón da carpa poderán obter entradas para o recinto de xogos, válidas só na xornada de hoxe.
Os produtos que se recaden durante o día de hoxe serán entregados a Cáritas e Cruz Vermella Betanzos para repartir entre as persoas máis necesitadas do municipio.
O parque está instalado nunha carpa de 200 metros cadrados na Praza dos Irmáns García Naveira e conta con zonas de xogo diferenciadas por idades. Os nenos e nenas estarán acompañados por monitores.
Na xornada solidaria colabora o Concello de Betanzos que facilita a caseta de recollida e un voluntario para a recollida de alimentos e o reparto de entradas solidarias.
Novas relacionadas
06/07/2020
Os autónomos e micropemes de Betanzos afectados pola crise da Covid-19 poderán solicitar as axudas municipais ata o vindeiro 3 de agosto. O Concello...
06/06/2020
O Concello de Betanzos abriu o día 3 de xuño o prazo de inscrición para solicitar o servizo de comedor escolar para o próximo curso e para os camp...
25/05/2020
Ata 700 euros poderán recibir os autónomos e pemes que tiveron que cesar a súa actividade ou que viron drasticamente reducidos os seus ingresos dur...