ACEBE CCA celebra o seu corenta aniversario

ACEBE CCA está de celebración. Cúmprense corenta anos dende que botou a andar a asociación que hoxe integra a boa parte dos empresarios, comerciantes e hostaleiros de Betanzos.

O 23 de setembro de 1980 reuniuse, por primeira vez, a xunta directiva provisional da “Asociación de Empresarios del Comercio de Betanzos” nos locais do Hospital de San Antonio. Esta primeira directiva, presidida por Tomás Pérez Doporto, iniciou a andaina desta entidade que, corenta anos despois, segue a traballar en favor do comercio e das empresas betanceiras.

En 1984 tomou o relevo na presidencia da por aquel entón denominada “As.Co.Be”, Antonio Selgas Goyanes ao que seguiron á fronte das sucesivas directivas Francisco Deive Dapena, Alberto Catalá Hidalgo, Fernando Gómez Mourelo, Mercedes Rosende Gabín e Antonia Anido Díaz, que actualmente preside o colectivo.

Ao longo destes corenta anos a asociación foi evolucionando e medrando. Pasou a incorporar no seu ámbito non só ao comercio senón tamén ás pequenas empresas, denominándose máis tarde “Asociación de Comerciantes y Empresarios de Betanzos (ACEBE)” e, posteriormente, constituiuse en Centro Comercial Aberto, coa súa actual nomenclatura: ACEBE CCA.

En todos estes anos foron moitas as accións que a asociación levou a cabo, entre elas a creación do periódico “Betanzos e a súa comarca” en 1992, a organización de campañas promocionais, a celebración de eventos como desfiles de moda, feiras empresariais, mercados de oportunidades, accións formativas,… En 2012 recibiu o Premio Garelo de Comercio e Industria, outorgado polo Concello de Betanzos.

Actualmente, está integrada por case 200 socios e socias e mantén a súa liña orixinal de velar polos intereses dos sectores aos que representa: comercio, hostalería e pequena e mediana empresa con accións orientadas á procura dun beneficio global para Betanzos.


Novas relacionadas


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis