ACEBE CCA celebrará o 19 de novembro eleccións para renovar a súa xunta directiva

Imaxe dunha das últimas eleccións de ACEBE CCA / ARUME

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) renovará a súa xunta directiva o vindeiro 19 de novembro, logo de transcorridos os dous anos de mandato que marcan os estatutos.

A Asemblea electoral para elixir á nova directiva está convocada para as 21.00 horas do 19 de novembro no Salón Azul do Edificio Arquivo Liceo.

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto entre os días 4 e o 18 de novembro. As listas deberán presentarse nas oficinas de ACEBE CCA, na Praza Mestre Xosé Dapena número 1, baixo esquerda ata as 14.00 horas do luns 18 de novembro.

Según establecen os estatutos da asociación, a xunta directiva, que é o órgano executivo e delegado da Asamblea, debe estar constituído por un/a presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a, tesoureiro/a e cinco vogais.

A elección realizarase por sufraxio universal directo e segredo entre os que formen parte da Asemblea Xeral. Poderán presentarse como candidatos/as á xunta directiva calquera socio ou socia que o desexe e que configure un equipo de nove persoas. Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981774574, por whatsApp no 618829804 (en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas) ou por correo electrónico no enderezo: acebe@comerciodebetanzos.com

A actual presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, en nome da xunta directiva, anima aos socios e socias da entidade a participar neste proceso electoral tanto presentando as súas candidaturas como participando nas votacións do día 19.

"Animamos a todos os socios e socias a que presenten as súas candidaturas e contribúan así a unha renovación dos cargos directivos. Ademais, convidamos aos asociados e asociadas a que asistan á Asemblea para que a xunta directiva que resulte elixida poida contar co maior apoio posible da masa social da entidade", dixo Anido.

Asemblea xeral ordinaria

Na mesma xornada, ACEBE CCA convoca unha Asemblea Xeral ordinaria na que a actual directiva en funcións presentará a programación de Nadal que a entidade ten previsto organizar no mes de decembro.

Esta asemblea está convocada para o 19 de novembro ás 20.30 horas en primeira convocatoria e 21.00 horas en segunda convocatoria.

Na orde do día inclúesense outros puntos de interese como a alta de novos socios ou a comunicación dos festivos do mes de decembro nos que se autoriza a apertura comercial.

Unha vez finalizada esta primeira xuntanza comezará a asemblea electoral.


Novas relacionadas


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis