ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA colabora na venda dos calendarios solidarios Noel Balsa González

Xa están á venda os calendarios solidarios Noel Balsa González que edita o IES Francisco Aguiar de Betanzos co patrocinio da Fundación Mª José Jove en favor de Cris Contra el Cáncer. Este é o quinto ano consecutivo no que o centro leva a cabo esta iniciativa que ten como finalidade recadar fondos para a loita contra o cancro infantil.
ACEBE CCA colabora de novo co IES Francisco Aguiar na venda dos calendarios que xa poden mercarse nas oficinas da asociación (de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas) e nunha decena de establecementos asociados. Tamén poden adquirirse na Secretaría do IES Francisco Aguiar.
Os negocios nos que poderán atopar os calendarios, a un prezo de 5 euros, son os seguintes: Óptica Brigantium, BC Iluminación, Peluquería Onda, Óptica Selgas, Miraquelinda, Chocolat, Larpeiradas Babel, O Ekolar, Graf Moda Joven, Ortopedia Betanzos, Xoma Kids, Libraría Biblos e La Pelu de Nana.
Os establecementos asociados a ACEBE CCA que desexen colaborar coa venda poden contactar coas oficinas da asociación no teléfono 981774574, por whatsapp no 618829804 ou a través do correo electrónico acebe@comerciodebetanzos.com.
Os calendarios están ilustrados con debuxos de alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar e, ademais dos doce meses do ano, contan cun apéndice con outras tantas ilustracións que conforman o denominado “calendario alternativo”.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

