ACEBE CCA colabora na venda de piruletas solidarias en favor de CRIS contra el cáncer

ACEBE CCA colabora co IES Francisco Aguiar de Betanzos na venda de piruletas solidarias en favor de CRIS contra el cáncer para a investigación do cancro infantil.

Unha ducia de negocios asociados teñen á venda estas piruletas (naturais, sen azucre e sen glute) a un prezo de 2 euros. A recadación íntegra vai destinada ao Proyecto Gabi que a Fundación CRIS Contra el Cáncer desenvolve na Unidad de Terapias Avanzadas de cáncer infantil no Hospital Universitario La Paz, de Madrid.

As piruletas poden cmercarse nos seguintes establecimientos: O Ekolar, Casa do Queixo, Chocolat, Comercial Veiga, Miraquelinda, Óptica Brigantium, Óptica Selgas, Ortopedia Betanzos, Supermercado Bonome, T Peino, Troula FS e Xoma Kids.

Os socios e socias de ACEBE CCA que desexen sumarse á iniciativa poden comunicarse coa asociación polas canles habituais: correo electrónico (acebe@comerciodebetanzos.com), teléfono: 981774574 ou whatsApp: 618829804.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis