ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA contrata persoal de apoio á xerencia a través do Programa operativo de emprego xuvenil

ACEBE CCA reforzou a súa plantilla coa incorporación dun traballador para realizar tarefas de reforzo da unidade xerencial para o asesoramento a empresas e creación de estratexias de Promoción. O contrato enmárcase dentro da convocatoria de subvencións do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo.
As tarefas que desenvolverá o novo empregado da asociación, que asinou un contrato por un periodo de 9 meses, son principalmente asesoramento a empresas e creación de estratexias de captación e fidelización de clientes.
ACEBE CCA estableceu uns criterios de selección baseados nos requisitos da convocatoria: Persoa de entre 18 e 30 anos, desempregada, inscrito como tal no Servizo Público de Emprego e no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Unha vez recibidas do INEM as candidaturas que se axustaban a estes requisitos básicos, a asociación realizou as correspondentes entrevistas e na selección final primou, ademais da súa formación e currículum, o feito de que o candidato elixido era residente en Betanzos.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

