ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA dá a coñecer aos gañadores da edición especial de Betanchef 2020

Imaxe da fotografía gañadora dunha das categorías de Instagram
A edición especial de Betanchef, organizada por ACEBE CCA e que se desenvolveu a través das redes sociais coa tortilla de Betanzos como protagonista, contou cunha ampla participación tanto de concursantes como de cociñeiros e chefs que colaboraron coa iniciativa aportando os seus vídeos e fotografías. A campaña rematou o pasado 10 de maio e xa se coñecen os gañadores das catro categorías nas que se podía participar.
Begoña Velo Villar foi a gañadora da categoría denominada Premio Gadis ao vídeo en Facebook con máis “Me gusta” e que apadriñou ao establecemento asociado a ACEBE CCA Viajes Betantur.
Gonzalo Bermúdez Candal obtivo o premio ao vídeo en Facebook máis compartido e apadriñou ao establecemento asociado a ACEBE CCA, Bicoca Moda Home.
Hotel Garelos foi o gañador da categoría premio á story de Instagram máis vista e o seu apadriñado foi Restaurante Sinuessa.
Por último, o perfil @natalialloco foi o gañador do premio á story de Instagram con máis “likes” e apadriñou a Café Lanzós.
Cada un deles recibirá un acebecheque por valor de 100 euros para gastar nos comercios e empresas asociadas a ACEBE CCA, agás a gañadora da primeira categoría, cuxo cheque é aportado por Gadis e deberá gastarse no supermercado que a compañía ten en Betanzos. Ademais, recibirán un lote de viño Galicia Calidade, unha lata de patacas fritas Bonilla A La Vista, e unha comida ou cea para dúas persoas nun restaurante asociado a ACEBE CCA.
Os establecementos comerciais apadriñados polas persoas gañadoras recibirán tamén un detalle cedido polos patrocinadores do evento. Para a organización desta iniciativa promocional ACEBE CCA contou coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Betanzos e coas aportacións de Gadis, Bonilla a la Vista e Galicia Calidade.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

