A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
ACEBE CCA e ABANCA colaboran para impulsar o comercio de proximidade

De esq. a dta: Jesús Santiago Barbeito López, director da oficina de Cantón Claudino Pita en Betanzos, o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño, e a presidenta de ACEBE CCA, Mª Luisa Pérez / ARUME
ABANCA e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos CCA – ACEBE CCA veñen de asinar un acordo de colaboración co obxectivo de apoiar e impulsar o comercio de proximidade da cidade e dos arredores.
O convenio foi asinado polo coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño, e pola presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos CCA – ACEBE, Mª Luisa Pérez Iglesias.
Tras a firma, os comerciantes e empresarios adheridos terán acceso ás vantaxes que se inclúen no documento, no que destaca un plan de financiamento deseñado polo banco e a asociación co obxectivo de dar respostas ao colectivo. No texto detállanse produtos e servizos para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos negocios que forman parte da asociación. Así, poderán acceder a produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing inmobiliario e mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
Para dar resposta ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria do comercio betanceiro, o texto recolle outros produtos e servizos, como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. ABANCA tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións ante a crise.
Os comercios e empresas que forman parte da asociación poderán beneficiarse de condicións melloradas na contratación dos dispositivos TPV físicos e virtuais e terán acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais a través da súa vinculación co banco.
Novas relacionadas
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...

