ACEBE CCA entrega os premios da Campaña de Outono

Ana e Loli, gañadoras da Campaña de Outono de ACEBE CCA

Ana e Loli, as gañadoras do sorteo da Campaña de Outono de ACEBE CCA, xa teñen activados nos seus móbiles cadanseu bono de 75 euros para gastar nos negocios asociados.

A acción promocional estivo activa entre o 18 de setembro e o 18 de outubro e consistiu na acumulación de tíckets de compra por un valor de 300 euros entre os clientes dos establecementos asociados e usuarios da App AcebeCCA.

O sorteo celebrouse o 19 de outubro a través da propia aplicación que seleccionou as persoas gañadoras ao azar.

Unha vez comprobado que ambas as dúas cumprían cos requisitos establecidos nas bases da campaña activáronse nos seus móbiles os bonos, que poderán canxear nos establecementos asociados amosando o código QR da App no momento de efectuar o pago.

A campaña é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia e actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis