ACEBE CCA estrea a súa nova App co sorteo dun premio de 100 euros

Mónica Souto, Claudia Marques, Belinda Lameiro, Mª Luisa Pérez, Eva García e Susana Mourón, da directiva de ACEBE CCA, durante a presentación da nova campaña da asociación / FOTO ARUME

ACEBE CCA estreará a súa nova App coa campaña de primavera na que sorteará un bono de 100 euros para canxear nos establecementos asociados. A acción promocional estará activa entre o 17 de abril e o 30 de maio e consistirá na acumulación de tíckets de compra por un valor de 300 euros.

Para poder participar, o cliente terá que descargar a aplicación Acebecca, darse de alta como usuario, entrar na campaña e rexistrar os tíckets de compra que reúna entre o 17 de abril e o 30 de maio ata sumar un valor de 300 euros. As compras deberán realizarse nos establecementos asociados a ACEBE CCA entre as datas indicadas para que teñan validez.

Os clientes poderán así participar no sorteo dun bono de 100 euros que se celebrará o 31 de maio mediante a propia aplicación que seleccionará á persoa gañadora ao azar.

A organización comprobará que a persoa gañadora cumpre cos requisitos establecidos nas bases e, unha vez feitas as comprobacións, contactará co premiado para activar na súa app o bono. De non cumprir cos requisitos volverá a realizarse o sorteo.

O cliente que resulte premiado recibirá un bono de 100 euros que poderá canxear a través da App nos establecementos asociados, só con amosar o código QR da App no momento de efectuar o pago.

Os socios e socias de ACEBE CCA e as persoas empregadas das diferentes empresas asociadas tamén poderán participar na campaña, se ben non poderán facelo con tíckets de compra dos establecementos dos que son titulares ou nos que traballan. Non poderán participar os membros da xunta directiva da asociación nin as persoas empregadas da entidade.

O premio só poderá canxearse mediante a aplicación polo que é moi importante que os socios e socias a teñan descargada.

Pode consultar aquí as bases da promoción.

A campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

A aplicación Acebecca pode descargarse desde PlayStore ou AppStore, ou a través dos seguintes enlaces: 

ANDROID:https://play.google.com/store/apps/details?id=es.bitnorte.acebecca
iPHONE: https://apps.apple.com/es/app/acebecca/id6444877936

Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA 35 OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E ADULTOS

15/12/2025

ACEBE CCA organiza entre o 19 de decembro e o 4 de xaneiro un total de 35 obradoiros para público infantil e adulto, como complemento á súa Campañ...


leer máis


ACEBE COLABORA NA VENDA DOS CALENDARIOS SOLIDARIOS NOEL BALSA GONZÁLEZ EDITADOS POLO IES FRANCISCO AGUIAR

23/11/2025

O IES Francisco Aguiar de Betanzos editou, por sétimo ano consecutivo, os calendarios solidarios Noel Balsa González en favor de Cris Contra el Cán...


leer máis


ACEBE CCA INCORPORA UNHA TRABALLADORA Á PLANTILLA A TRAVÉS DUNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA

21/11/2025

ACEBE CCA incrementou a súa plantilla cunha traballadora contratada a través dunha subvención cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa...


leer máis


ACEBE CCA SORTEA PREMIOS POR VALOR DE 2000 EUROS ESTE NADAL

12/11/2025

ACEBE CCA organiza unha nova campaña de Nadal na que sorteará un total de 37 premios valorados en 2000 euros entre os clientes que realicen as súa...


leer máis