ACEBE CCA incorpora unha traballadora á plantilla a través dunha subvención da Xunta

ACEBE CCA incrementou a súa plantilla cunha traballadora contratada a través dunha subvención cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+GALICIA 2021-2027. A traballadora foi contratada para realizar tarefas de reforzo da unidade xerencial na área administrativa por un periodo de nove meses. O contrato enmárcase dentro da convocatoria de subvencións para organismos intermedios que contraten persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O obxectivo do programa é posibilitar ás persoas contratadas realizar un traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración no mercado de traballo.

ACEBE CCA estableceu uns criterios de selección baseados nos requisitos da convocatoria: Persoa de entre 18 e 30 anos, desempregada, inscrito como tal no Servizo Público de Emprego e no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Na selección final primou o feito de que a candidata elixida era residente en Betanzos.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis