ACEBE CCA instalará un parque infantil de xogos dentro da súa Campaña de Nadal

A Campaña de Nadal de ACEBE CCA incluirá este ano a instalación dun parque infantil de xogos ubicado nunha carpa de 200 metros cadrados que se colocará na Praza dos Irmáns García Naveira durante as vacacións escolares.

Para acceder ao parque será preciso entregar invitacións que poderán conseguirse nos negocios asociados a ACEBE CCA. O recinto de xogos estará aberto dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro en horario de 12.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas, agás os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, que abrirá só en horario de mañá. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado.

O parque estará atendido por monitores e inclúe zonas diferenciadas por idades. Para os máis pequenos haberá un Área baby, con xogos como bloques de construcción, un recuncho de promoción lectora, cesto dos tesouros, etc.  Tamén se instalará un Área de Mobilidade, cun circuíto e catro vehículos a pedais con decoración de Nadal. Os nenos e nenas de Primaria disporán dun área de xogos xigantes e populares como Conecta 4, jenga, mikado, parrulos, quebracabezas, buxainas… e un inchable de 4x5 metros. O parque complétase cun photocall de Nadal.

Tanto a Campaña de Nadal como o Parque infantil de xogos son actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia e subvencionadas pola Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos. Ademais contan coa colaboración de Gadis.


Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis