ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA lanza a súa Campaña de primavera con dous bonos de 75 euros en premios

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecementos asociados. A iniciativa desenvolverase do 13 ao 27 de abril a través da aplicación móbil AcebeCCA.
Para entrar no sorteo, as persoas interesadas deberán descargar a aplicación, rexistrarse como usuarias e acceder á campaña. Unha vez dentro, terán que rexistrar os tíckets de compra acumulados nos negocios adheridos á asociación durante o período da campaña, ata acadar un mínimo de 300 euros.
Unha vez reunidos os 300 euros, os clientes poderán seguir xuntando tíckets para ter máis opcións de gañar.
Sorteo e canxe do premio
O sorteo celebrarase o vindeiro 28 de abril a través dunha ferramenta informática que seleccionará as persoas gañadoras de xeito aleatorio. A organización verificará que cumpran cos requisitos establecidos nas bases e, unha vez confirmado, contactará con elas para activar o bono na aplicación.
No caso de que algunha das persoas seleccionadas non cumpra os requisitos, repetirase o sorteo.
As persoas gañadoras recibirán un bono de 75 euros que poderán utilizar directamente a través da app, presentando o código QR xerado no momento do pagamento nos negocios asociados.
As persoas socias de ACEBE CCA e os empregados das empresas asociadas tamén poderán participar na campaña, coa excepción de que non poderán rexistrar tíckets de compra dos establecementos dos que sexan titulares ou nos que presten os seus servizos.
A organización lembra que o premio só se pode canxear mediante a aplicación, polo que é imprescindible que os negocios asociados a teñan descargada.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.
A aplicación AcebeCCA pode descargarse desde PlayStore ou AppStore, ou a través dos seguintes enlaces:
ANDROID:https://play.google.com/store/apps/details?id=es.bitnorte.acebecca
iPHONE: https://apps.apple.com/es/app/acebecca/id6444877936
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

