ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA ofrece un servizo de promoción dos socios e socias nas redes sociais financiado pola Xunta de Galicia

As empresas asociadas a ACEBE CCA poden desfrutar dun novo servizo de promoción a través das redes sociais que a asociación puxo en marcha grazas ao apoio económico da Xunta de Galicia.
Todos os negocios asociados dispoñen da posibilidade de promocionarse no Instagram (acebe.cca) e no Facebook (Acebe.cca) da asociación, mediante reportaxes elaboradas por persoal especializado na xestión de redes sociais. Ademais, periodicamente, realízanse tamén promocións máis xerais dos diferentes establecementos por sectores ou por temáticas (volta ao cole, cerimonia, Rebaixas, San Valentín, Nadal…).
A finalidade é poñer á disposición dos nosos asociados e asociadas a oportunidade de aproveitar as múltiples posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías e as redes sociais para a promoción e difusión dos seus negocios.
Este novo servizo é posible grazas ao financiamento da Xunta de Galicia que colabora con ACEBE CCA nesta e noutras accións promocionais e de fidelización emprendidas polo colectivo.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

