ACEBE CCA ORGANIZA 35 OBRADOIROS DE NADAL PARA NENOS E ADULTOS

ACEBE CCA organiza entre o 19 de decembro e o 4 de xaneiro un total de 35 obradoiros para público infantil e adulto, como complemento á súa Campaña de Nadal. Para participar nos obradoiros será preciso conseguir invitacións nos comercios asociados a ACEBE CCA. Cada invitación dá dereito a participar nun único obradoiro. Ademais, será necesario reservar praza cubrindo un formulario ao que se pode acceder escaneando o código Qr dos carteis e das invitacións, no que atoparán a listaxe de talleres e os horarios, así como as condicións de acceso ás prazas.

Os obradoiros desenvolveranse nunha carpa na Praza dos Irmáns García Naveira entre o 19 de decembro e o 4 de xaneiro. Cada un terá unha duración de 1 hora e 30 minutos. As opcións son variadas. Haberá 29 talleres impartidos por Gemola, para idades de entre 4 e 12 anos: Un Papá Noel moi molón; Boliñas, á neve; Os anxiños cantores; Lévate a Rudolf a casa; O abeto enredado; Luces de cores; Os coelliños amorosos; O globo de Betanzos voa por Nadal; Os bonecos de neve bailaríns e Unha tarxeta moi máxica.

Francisco Martínez-Pin impartirá o obradoiro "Pensar antes que tirar. Reciclar con imaxinación", para nenos e nenas de 7 a 10 anos acompañados dunha persoa adulta. SalsaNova ofrecerá un obradoiro de baile con panxoliñas para nenos e nenas de 4 a 8 anos, e outro de danzas urbanas para idades de 9 a 13 anos. Amizar Psicoloxía e Daniel Otero Ramos impartirán un taller de Emocións en escena, que consta de dúas sesións, para idades de 7 a 12 anos.

Susana Veiga ofrecerá tres obradoiros de iniciación ao baile tradicional galego, un para nenos de 3 a 8 anos, outro de 8 a 16 anos e outro para maiores de 16 e adultos.

Leo Nuit impartirá un de baile moderno, para idades de 6 a 12 anos, e outro de baile latino, para nenos e nenas de 8 a 16 anos.

A información sobre os horarios e a dispoñibilidade de prazas pode consultarse no código QR que figura nas invitacións e nos carteis.

Ademais, instalarase unha caseta solidaria a carón da carpa na que Manos Unidas venderá artigos o día 20 de decembro, Cáritas recollerá alimentos e xoguetes o día 26 e Cruz Vermella recollerá alimentos e produtos de hixiene o día 27.

Os obradoiros de Nadal de ACEBE CCA están cofinanciados pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos e Gadis.


Noticia extraída do Nº 397 de Betanzos e a súa comarca

Novas relacionadas


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis