ACEBE CCA organiza Betanchef 2020 a través das redes sociais e coa tortilla de Betanzos como protagonista

ACEBE CCA pon en marcha unha edición especial de Betanchef que se desenvolverá a través das redes sociais e que estará adicada á tortilla de Betanzos. A campaña iniciarase o 20 de abril e rematará o 10 de maio e poderán participar todas as persoas que o desexen a través de Facebook e Instagram.

Haberá catro categorías de premios e un gañador por categoría.

Como participar

Para participar en Betanchef 2020 é preciso subir unha foto ou vídeo a Facebook ou Instagram nos que a protagonista sexa unha tortilla de Betanzos, realizada cos medios que cada persoa teña nos seus fogares. A foto ou vídeo pode incluir calquera parte do proceso de elaboración da tortilla, a libre elección das persoas participantes. Segue e etiqueta na publicación a @betan_chef @acebe.cca con cancelo #betancheftortilla.

Ademais, cada participante deberá “apadriñar” (etiquetar) a un negocio asociado de ACEBE CCA e retar, mediante etiqueta da rede social, polo menos a outra persoa para que participe no reto.

Os participantes poderán subir unha foto e unha storie en Instagram e un vídeo en Facebook aínda que non é obrigatorio participar nas tres categorías á vez. A participación está limitada a unha única peza por rede social e perfil de usuario.

Cada foto ou vídeo ten que incluir unha descripción na que se inclúa o apadriñamento (etiqueta) dun negocio asociado a ACEBE CCA e o reto a outra persoa, como mínimo, para que participe no concurso. Tamén deberán incluirse as etiquetas @acebe.cca e o cancelo #Betanchef. Para coñecer polo miúdo a forma de participar en cada unha das categorías consulta as Bases da Promoción.

Premios

Haberá catro categorías de premios. En Facebook, un premio ao vídeo con máis “Me Gusta” e outro ao vídeo máis compartido. En Instagram, un premio á story máis vista e outro á foto con máis “Likes”

O premio para cada categoría consiste nun paquete que inclúe unha comida ou cea para dúas persoas nun restaurante asociado de ACEBE CCA e un talón de regalo de 100 euros para consumir nos comercios e empresas asociadas a ACEBE CCA.

Só se entregará un premio por perfil ou usuario. En caso de que un usuario fose o primeiro en máis dunha categoría poderá elixir en qué categoría quere ser o ganador.

O prazo para participar no concurso abrirase ás 00.00 horas do 20 de abril de 2020 e pechará ás 23.59 horas do 10 de maio de 2020.

Novas relacionadas


ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

31/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UN DESFILE O 23 DE MAIO NA FUNDACIÓN CIEC

08/05/2026

ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...


leer máis


ACEBE CCA LANZA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA CON DOUS BONOS DE 75 EUROS EN PREMIOS

22/03/2026

ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...


leer máis


ACEBE CCA ACTIVA O SERVIZO DE ENVÍOS GRATUÍTOS PARA AS VENDAS EN LIÑA

26/02/2026

ACEBE CCA acaba de activar o servizo de envíos gratuítos para as vendas en liña, unha prestación exclusiva para comercios asociados que está subv...


leer máis