A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...
ACEBE CCA organiza o segundo "Betanzos Showroom Celebra" os días 19 e 20, cun desfile de noiva, comuñón e arras

Os días 19 e 20 de novembro ACEBE CCA organiza no Edificio do Matadoiro a segunda edición do “Betanzos Showroom Celebra” no que se darán cita nove expositores de sectores relacionados coa celebración de eventos: roupa de noiva, comuñón, arras e bautizo, fotografía, maquillaxe, viaxes, agasallos, doces, música, animación…
Nesta segunda edición participan un total de nove negocios asociados a ACEBE CCA: Cuore Boutique, Larpeiradas Babel, Xoma Kids, Zafiro Tours, Selperia, Discomóvil Sebas 21, Rocigarcía, SV Estética e Soloe Viajes. O evento conta coa colaboración especial de Flores Dans e de El Rastro de Merce que se ocuparán da decoración do recinto.
A entrada será libre e o horario será de 11.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas tanto o sábado como o domingo. O sábado pola tarde, a partir das 17.30 horas haberá desfiles de noiva, comuñón e arras.
“Betanzos Showroom Celebra” está organizado por ACEBE CCA e conta coa colaboración do Concello de Betanzos, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
Novas relacionadas
31/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aporta...
08/05/2026
ACEBE CCA organiza o sábado 23 de maio un desfile nas instalacións da emblemática sede da Fundación CIEC, a Casa Núñez, en pleno corazón do cas...
22/03/2026
ACEBE CCA pon en marcha unha nova edición da súa Campaña de primavera, na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un para consumir nos establecem...

