ACEBE CCA organiza nas súas redes sociais dous concursos de fotos de Entroido con 100 euros en premios

ACEBE CCA convoca dous concursos nas súas redes sociais nos que se premiarán as fotografías de disfraces máis votadas no Instagram e no Facebook da asociación. Para cada unha das redes sociais establecerase un premio de 50 euros en acebecheques que poderán gastarse en calquera dos negocios asociados a ACEBE CCA.

O concurso desenvolverase en dúas fases. A primeira entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo e a segunda entre o 2 e o 7 de marzo. As persoas que desexen participar deberán seguir os seguintes pasos para optaren aos premios.

Para participar desde Facebook:

1. Segue a @comerciodebetanzos.acebe en Facebook.
2. Comparte en Facebook, entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, unha imaxe disfrazad@, e na que se identifique a un establecemento asociado a  ACEBE  CCA (diante do escaparate, no interior do local, cunha bolsa, diante do rótulo,…).
3. Nesa publicación etiqueta e menciona a @comerciodebetanzos.acebe e ao establecemento no que fixeches a foto.
4. Inclue o cancelo #acebeentroido22.
O 2 de marzo ACEBE.CCA publicará esa imaxe na galería “ENTROIDO 2022” da conta @comerciodebetanzos.acebe de Facebook.
Serán os “me gusta” que obteña cada unha das imaxes entre o 2 e o 7 de marzo ata as 12:00 h, o que determine a foto gañadora.

Para participar desde Instagram:

1. Segue a @acebe.cca en Instagram.
2. Comparte en Instagram, entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, unha imaxe disfrazad@, e na que se identifique a un establecemento asociado a  ACEBE  CCA (diante do escaparate, no interior do local, cunha bolsa, diante do rótulo,…).
3. Nesa publicación etiqueta e menciona a @acebe.cca e ao establecemento no que fixeches a foto.
4. Inclue o hashtag #acebeentroido22.
O 2 de marzo ACEBE.CCA publicará esa imaxe nas stories destacadas da sección “ENTROIDO 2022” da conta @acebe.cca de Instagram.
Serán os “me gusta” que obteña cada unha das imaxes entre o 2 e o 7 de marzo ata as 12:00 h, o que determine a foto gañadora.

Consulta aquí as bases do concurso e os negocios asociados.

Esta campaña promocional conta coa financiación da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis