ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA ORGANIZA POR PRIMEIRA VEZ UN BINGO CON DOUS PREMIOS QUE SUPERAN OS 2100 EUROS

ACEBE CCA organiza o sábado 20 de xuño un bingo na Praza dos Irmáns García Naveira no que sorteará dúas cestas, unha composta por premios aportados por case medio cento de negocios asociados e valorada en máis de 2.000 euros e outra cedida por Gadis e valorada en 100 euros.
Para participar, os clientes deberán reunir tíckets de compra por importes igual ou superior a 20 euros que poderán canxear por cartóns para participar no bingo. Só se entregará un cartón por cada tícket presentado e por orde de chegada xa que o número de cartóns está limitado a 900.
A primeira persoa que cante liña levará como premio unha cesta cedida por Gadis e valorada en 100 euros e a primeira en cantar bingo recibirá unha cesta valorada en máis de 2.000 euros composta por regalos cedidos por case medio cento de negocios asociados.
A cesta do bingo inclúe premios como unha freidora de aire, un moldeador de pelo, varios vales para consumir en negocios de hostalería, lotes de produtos cosméticos, un bono para un mes de clases gratuítas de baile, produtos de alimentación, roupa, libros ou gafas, entre outros.
Poden consultar aquí a listaxe de premios que se inclúen na cesta de ACEBE CCA e os negocios que aportaron agasallos. Consulte aquí as bases completas da promoción.
O bingo de ACEBE é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

