ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...
ACEBE CCA organiza un concurso de redacción con motivo do Día da Nai

ACEBE CCA organiza un concurso de redacción para escolares de entre 6 e 12 anos baixo o lema "Hoxe escribo sobre a miña nai". Os nenos e nenas que participen no certame poderán gañar un premio de 30 euros, en dous acebecheques de 15 euros cada un, para gastar en Libraría Biblos, Librería Brea, Don Dino, Co&Co Diseño ou Alecrín, coa intención de que o premio sexa lúdico e cultural: libros, xogos, material escolar ou de manualidades, etc.
Mecánica do concurso
A temática do concurso está relacionada coa celebración do Día da Nai e os nenos e nenas participantes terán que enviar as súas redaccións escritas en galego ao correo electrónico: periodico@comerciodebetanzos.com antes do 22 de abril.
As redaccións non poderán exceder os 2.000 caracteres, espazos incluídos, e deberán remitirse como arquivo adxunto, indicando no asunto “Concurso Día da Nai”. No texto do correo electrónico indicarase o título da redacción e os datos persoais do autor ou autora: nome e apelidos, idade, municipio de residencia e un teléfono de contacto do pai, nai ou titor/a legal do menor. Estes datos non deben figurar na redacción.
ACEBE CCA nomeará a un xurado que estará formado por membros da Asociación Cultural Lar de Unta, que serán os encargados de determinar cal é a redacción gañadora.
As persoas que forman parte do xurado recibirán copia das redaccións numeradas segundo a orde de chegada e sen que consten os datos persoais do autor ou autora. Unha vez que o xurado elixa o texto gañador procederase á identificación do neno ou nena que o escribiu.
ACEBE CCA porase en contacto co gañador ou gañadora mediante unha chamada telefónica ou por correo electrónico para coordinar a entrega do premio. A data límite para recoller os acebecheques será o 24 de maio de 2022 e a persoa gañadora terá ata o 24 de xuño de 2022 para canxealo nalgún dos establecementos indicados nas bases.
A iniciativa é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Novas relacionadas
24/08/2026
ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...
25/06/2026
A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...
19/06/2026
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...

