ACEBE CCA organiza un concurso de redacción con motivo do Día do pai

ACEBE CCA organiza un concurso de redacción para escolares de entre 6 e 12 anos baixo o lema "Hoxe escribo sobre meu pai". Os nenos e nenas que participen no certame poderán gañar un premio de 30 euros, en dous acebecheques de 15 euros cada un, para gastar en Libraría Biblos, Librería Brea, Don Dino ou Coco Diseño, coa intención de que o premio sexa lúdico e cultural: libros, xogos, material escolar ou de manualidades, etc.

Mecánica do concurso

A temática do concurso está relacionada coa celebración do Día do pai e os nenos e nenas participantes terán que enviar as súas redaccións escritas en galego ao correo electrónico: periodico@comerciodebetanzos.com antes do 16 de marzo.

As redaccións non poderán exceder os 2.000 caracteres, espazos incluídos, e deberán remitirse como arquivo adxunto, indicando no asunto Concurso Día do Pai. No texto do correo electrónico indicarase o título da redacción e os datos persoais da persoa participante: nome e apelidos, idade, municipio de residencia e un teléfono de contacto do pai, nai ou titor/a legal do menor. Estes datos non deben figurar na redacción.

ACEBE CCA nomeará a un xurado que estará formado por membros da Asociación Cultural Lar de Unta que serán os encargados de determinar cal é a redacción gañadora.

As persoas que forman parte do xurado recibirán copia das redaccións numeradas segundo a orde de chegada e sen que consten os datos persoais do autor ou autora. Unha vez que o xurado elixa o texto gañador procederase á identificación do neno ou nena que o escribiu.

ACEBE CCA porase en contacto co gañador ou gañadora mediante unha chamada telefónica ou por correo electrónico para coordinar a entrega do premio. A data límite para recoller os acebecheques será o 28 de marzo de 2022 e a persoa gañadora terá ata o 29 de abril para canxealo nalgún dos establecementos indicados nas bases.

A iniciativa é un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Novas relacionadas


A CAMPAÑA DE OUTONO DE ACEBE SORTEA DOUS BONOS DE 75 EUROS CADA UN

15/09/2026

ACEBE CCA poñerá en marcha entre o 25 de setembro e o 13 de outubro a Campaña de Outono na que sorteará dous bonos de 75 euros cada un entre os cl...


leer máis


ACEBE CCA ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE MERCABETANZOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

24/08/2026

ACEBE CCA organiza durante a fin de semana do 5 e 6 de setembro unha nova edición de MercaBetanzos, o mercado de oportunidades do comercio local, que...


leer máis


ACEBE CCA PON EN MARCHA A CAMPAÑA MERCA, RASCA, GAÑA CON 300 PREMIOS VALORADOS EN 1500 EUROS

25/06/2026

A campaña Merca, Rasca, Gaña de ACEBE CCA sorteará 300 premios entre os clientes que realicen as súas compras entre o 24 e o 31 de xullo nos nego...


leer máis


ACEBE CCA E BANCO SANTANDER ASINAN UN CONVENIO QUE ELIMINA AS COMISIÓNS POLOS PAGAMENTOS CON TARXETA AOS NEGOCIOS ASOCIADOS

19/06/2026

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) e Banco Santander firmaron un convenio de colaboración m...


leer máis